top of page

Sós. De catro a catro.

  • Manuel Antonio
  • 11 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

Manuel Antonio, o poeta por excelencia da temática mariñeira.

manuel_antonio2_edited.jpg

Fomos ficando sós

o Mar o barco e mais nós

Roubáronnos o Sol

O paquebote esmaltado

que cosía con liñas de fume

áxiles cadros sen marco

Roubáronnos o vento

Aquel veleiro que se evadiu

pola corda frouxa do horizonte

Este océano desatracou das costas

e os ventos da Roseta

orientáronse ao esquezo

As nosas soedades

veñen de tan lonxe

comos as horas do reloxe

Pero tamén sabemos a manobra

dos navíos que fondean

a sotavento da singradura

No cuadrante estantío das estrelas

ficou parada esta hora:

O cádaver do Mar

fixo do mar un cadaleito

Fume de Pipa Saudade

Noite Silencio Frío

E ficamos nós sós

Sen o mar e sen o barco

nós.

Dito libro de catro a catro foi publicado en marzo do ano 1928, o único que o escritor publicaría en vida.

Considerada como súa obra por excelencia, o poemario consta de dezanove poemas os cales foron escritos entre os anos 1926 e 1927, tempo no que o rianxeiro Manuel Antonio se encontraba embarcado no pailebote Constantino Candeira, percorrendo as augas do mediterráneo.

Todo remata por ser unha viaxe cara a ningures.

Adicado a todos aqueles que de algunha maneira tivemos ou temos algo que ver co mar y do cal sentimos morriña. Y en especial a Aleixandre Nerium polo entusiasmo que transmite os visitantes do Castelo de San Carlos, en Fisterra, facendo que te namores do mar e da súa xente, procedas ou non dese ámbito.


 
 
 

Comments


Featured Posts
Recent Posts
Search By Tags
Archive
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page