Ensaio no adro, de Marta Dacosta
- Marta Dacosta
- 16 abr 2015
- 1 Min. de lectura
É por volta de maio a primeira festa. Entón, o pasarrúas é como a porta da primavera, e unha banda de anduriñas e avións camiña polo ceo adiante trilando as súas voces metálicas de trompeta. paxaros rebuldeiros, acordes agudos de cuco clarineteiro, niños de tubas e saxofóns para os piscos, melodías de xílgaros sobre os trombóns, peteirazos de merlos nos timbais, ferreiriños pousando en frautas transparentes. As escalas soben xilófono arriba e imaxino os paporrubios no estanque da casa, ou os pardais tomando baño nas pozas da estrada, despois dunha alborada de chuvia, que dá paso a un sol andante.
Unha poesía chea de agarimo, poesía e sobre todo música.

Marta Dacosta, muller, poeta e galega.
Komentáře