A paixón polas bandas de música, algo que non se me esgota.
- rgarciacacheda
- 17 abr 2015
- 2 Min. de lectura
As bandas de música gozan dunha longa historia. Podría decirse que é tan antiga como a da propia música dado que xa en textos da época dos exipcios, hebreos, chinos... encontramos referencias a agrupacións de instrumentos de vento que servían para acompañar nos combates ou durante o culto relixioso.
Asimesmo a palabra "banda" polo seu significado (referíndonos a insignia militar) puido ter relación con este tipo de formación musical porque nas súas orixes as bandas estaban íntimamente ligadas ao mundo militar.
E velaquí unha foto do meu pai acompañando a Banda Militar Brilat de Pontevedra.

Agora retrocedamos uns cantos anos atrás... Recordo aqueles amenceres do domingo nos que espertaba o ritmo das bandas de música. O encargado delo era meu pai, un auténtico apaixoado das bandas dende que era un cativo. Miña avoa sempre contaba, que lle gustaba moito acompañar a que por aquel entón era a banda máis próxima a nosa aldea, a Banda de Música de Cira. Por desgraza esa banda xa non existe, desapareceu no ano 1972, como consecuencia da emigración dos nosos paisanos. Pero os recordos perduran e perdurarán, e dentre eles o de meu pai facendo que dirixía a mesma como se fose o propio director. Situación que se repiteu unha e outra vez ao longo da nosa vida, e que eu manteño, por suposto. Era escoitar unha peza y a facer como se fósemos directores os dous. ¡Qué titiriteiros!
As bandas de música para nós eran símbolo de ledicia, diversión, risas… En definitiva de gozo.
A paixón que meu pai sentía polas bandas era tanta, que esa paixón o levou a organizar durante dezaoito anos un certame na que as protagonistas non eran outras máis que as propias bandas. Dende as 11:00 h da mañán ata as 22:00 h da noite, aquilo era un auténtico fervedoiro de xente apaixoada polas mesmas. Todos sabían que o primeiro domingo de maio tocaba cita cas bandas nun marco incomparable, como era Ponte Ledesma. Pero por desgraza ese certame morreu o mesmo día en que meu pai faleceu.
O apoio das institucións públicas nos últimos anos xa descenderá notablemente y o esforzo xunto co empeño y a paixón que meu pai lle adicaba, iso só era capaz de realizalo él. Él era o alma mater dese festival.
Sin embargo, nada lle gustaría máis que algún día alguén recuperase esa paixón y se volvera a realizar un certame do mesmo calibre. Adicado só a bandas. ¡Qué a tradición polos instrumentos de vento e percusión non se perda!
Y a continuación lles deixo un vídeo da miña canción preferida, interpretada pola Banda Artística de Merza, a banda favorita de todos nós (eu, meu pai, meu irmán e miña nai). Esta canción foi a última que escoitei con meu pai, co cal xa vostedes poden imaxinar. As verbas son incapaces de describir os sentimentos que invaden o meu corazón.
Espero que gocen dela tal e como o facíamos nós.
"III Sinfonía Op. 89" de James Barnes.
Rocío García Cacheda
Comments